A sorte continúa repartindo premios e o sorteo do venres 2 xa ten gañador. Nesta ocasión, o número premiado foi o 38422, repartido en Combustibles Barbanza, que se converte así nun novo punto de celebración desta campaña.
Con este cuarto premio, o sorteo entra xa na súa recta final, mantendo viva a ilusión entre todas as persoas participantes, que seguen pendentes de comprobar se a fortuna tamén lles sorri.
👉 Aínda queda unha última oportunidade: o venres 9 celebrarase o derradeiro sorteo. Se gardas o teu número, non lle perdas a pista, porque pode ser o teu día.
Desde a organización queremos desexar moita sorte a todos e todas e agradecer, unha vez máis, a participación nesta iniciativa que segue repartindo ilusión. 🍀

