Bases do Sorteo “PobrActiva Nadal Máxico 2025–2026”

Escrito el 11/12/2025


Todo o que necesitas saber para participar e gañar

1. Obxecto do sorteo

A Asociación de Empresarios,Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal organiza un sorteo promocional co obxectivo de incentivar as compras no comercio local durante a campaña de Nadal. O sorteo será xestionado a través da aplicación PobrActiva.

Este sistema de sorteos semanais ofrece diversas vantaxes:

  • Sorteos semanais: Mantén o interese da clientela durante toda a campaña, favorecendo a visita recorrente aos comercios locais.
  • Retroalimentación inmediata: Cada venres as 15:00, a través da app, comunicaranse os números gañadores, permitindo unha interacción rápida entre comercio e clientela.
  • Actividades no centro: Cada venres haberá un posto de algodón de azucre no centro urbano, creando un ambiente festivo que reforza a experiencia de compra.

Estas accións teñen como finalidade fomentar a participación continua e dar visibilidade ao comercio local durante o Nadal.

2. Datas de participación

O período de participación abrangue do 5 de decembro de 2025 ao 5 de xaneiro de 2026, ambos incluídos.

3. Sorteos e premios

Realizaranse cinco sorteos, que terán lugar os seguintes venres ás 15:00 horas:

  • 12 de decembro
  • 19 de decembro
  • 26 de decembro
  • 2 de xaneiro
  • 9 de xaneiro

En cada sorteo entregarase un premio de 300 € en vales de compra, para gastar nos comercios adheridos á campaña.

O importe dos vales non está subvencionado pola subvención Centro Comercial Aberto (C.C.A.), polo que será facilitado pola Asociación de Empresarios e polos comercios participantes.

Adicionalmente:

  • Cada venres ás 15:00 sortearase un número aleatorio a través da app PobrActiva, notificado mediante notificación push.
  • A persoa propietaria do número deberá estar atenta ás notificacións e poderá chamar directamente á Asociación de Empresarios (981 832 229) para comunicar que posúe o número gañador, facilitando así o proceso antes de subir a foto do boleto.
  • Se o número gañador non é reclamado nun prazo de 10 minutos, sortearase un novo número aleatorio, quedando anulado o número anterior. O proceso repetirase un máximo de 10 veces ata que o premio sexa reclamado.
  • No caso de que en esas 10 veces non salga o premiado, o premio pasará a sortearse a seguinte semana.

4. Participación dos comercios

Para participar na campaña, cada comercio deberá:

  • Abonar unha cota única de 20 €.
  • Recibir 1.500 boletos numerados, que deberá repartir á súa clientela.
  • Entregar un boleto por cada compra superior a 10 € realizada no establecemento durante o período da campaña.

5. Funcionamento do sorteo

En cada data establecida lanzarase, mediante a app PobrActiva, o número premiado correspondente. É imprescindible manter as notificacións activadas.

A persoa gañadora deberá:

  • Acceder á aplicación PobrActiva.
  • Se tes o número premiado cubrir o formulario habilitado para persoas premiadas.
  • Achegar unha fotografía do boleto premiado, onde se vexa claramente o número.

A organización poderá solicitar o boleto físico para verificar a súa autenticidade antes de entregar o premio.

6. Condicións dos vales de compra

  • Os vales poderán empregarse exclusivamente nos comercios participantes.
  • Non son reembolsables por diñeiro.
  • Poderán empregarse desde o momento da súa recollida ata o 31 de xaneiro de 2026.
  • Deberán recollerse nas oficinas da Asociación de Empresarios.
  • Cada val deberá empregarse segundo as condicións específicas establecidas por cada comercio adherido.

7. Requisitos das persoas participantes

  • Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que reciban boletos nos comercios asociados.
  • Non poderá participar o persoal empregado da organización do sorteo nas tarefas de extracción e validación dos números premiados.

8. Protección de datos

Os datos facilitados empregaranse exclusivamente para a xestión do sorteo e a entrega dos premios, de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

9. Aceptación das bases

A participación no sorteo implica a aceptación íntegra destas bases. A organización resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases por motivos operativos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos polas persoas participantes.