O formulario para participar xa está habilitado na app Pobractiva, e participar nunca foi tan sinxelo!
Lembra que só é necesario subir a foto do teu boleto premiado, non de todos os boletos que teñas. Cada compra nos comercios asociados pode darte máis oportunidades de gañar, así que cada boleto conta!
Todos os venres anunciaremos o número gañador a través das notificacións da app.
Se resulta que tes o número premiado, para facelo máis cómodo para ti, poderás chamar á Asociación de Empresarios no 981 832 229 e avisar que tes o boleto gañador. Despois, só terás que entrar na app Pobractiva e subir a foto do teu boleto no formulario para confirmar a súa validación. ✅
⚠️ Importante: Se o número gañador non é reclamado nun prazo de 10 minutos, sortearase un novo número aleatorio, quedando anulado o número anterior. O proceso repetirase ata que o premio sexa reclamado.
Non perdas esta oportunidade de participar e gañar! Moita sorte a todas e todos!🎁

