Novo proxecto da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal
A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal continúa reforzando o seu compromiso co emprego xuvenil e coa modernización das súas estruturas. Grazas ao Programa de Garantía Xuvenil 2025 da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, a entidade vén de incorporar a dúas novas profesionais que aportarán talento e apoio en áreas clave da asociación.
Dentro do proxecto, participan:
- Lidia María Canosa Estévez, encargada da xestión da páxina web, redes sociais e do desenvolvemento e mantemento da aplicación móbil PobrActiva. A súa labor centrase en mellorar a comunicación dixital e achegar ferramentas máis útiles e accesibles aos comercios asociados.
- Vanessa Presneanu Anghel, que se incorpora para realizar tarefas administrativas e de atención ao asociado, contribuíndo así a optimizar a organización interna e a mellorar o servizo que a entidade ofrece aos seus membros.
Grazas a estas novas incorporacións, a asociación reforza a súa capacidade de xestión, comunicación e apoio aos seus asociados, consolidando un paso máis no fortalecemento do emprego xuvenil e do talento no municipio.🌟

