Bases da campaña
Bases da Campaña de Verán 2025 – Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal
1. Datas da campaña
Do 15 ao 31 de agosto de 2025, ambos inclusive.
2. Como participar
1. Rexistro único: Cubre o formulario inicial coa túa información persoal (nome, apelidos, teléfono e correo electrónico).
2. Subida de compras: Cada vez que compres por 10 € ou máis nun establecementoadherido, sube á APP:
o O nome do comercio
o O importe
o Foto do tícket
3. Premios inmediatos
• Cada tícket válido sumará ao teu acumulado persoal.
• Ao chegar a 10 compras acumuladas, recibirás unha notificación para recoller un premio inmediato (neceseres, bolsas, camisetas, abanicos, etc.).
• Os premios inmediatos estarán dispoñibles ata fin de existencias e deberán recollerse na Asociación, Rúa Godello, 3 Baixo, A Pobra do Caramiñal, dentro do prazo indicado.
4. Sorteo final de 1.000 €
• Todas as compras rexistradas durante a campaña entrarán no sorteo final, cantas máis compras máis participacións.
• O sorteo celebrarase o 3 de setembro de 2025 de forma pública na Asociación.
• Se gañas, terás 7 días para gastar os 1.000 € en mínimo 10 establecementos diferentes con 50 € de gasto mínimo en cada un.
5. Día especial
🎉 O 29 de agosto haberá un día de animación con música, actividades e promoción do comercio local.
6. Condicións
• Os premios non se poden trocar por cartos.
• Só se aceptarán tíckets con data dentro da campaña.
• Participar implica aceptar estas bases.
7. Protección de datos
Os teus datos só se empregarán para xestionar a campaña e comunicar premios, segundo a lei vixente.