Todo o que necesitas saber para participar e gañar
1. Obxecto do sorteo
A Asociación de Empresarios,Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal organiza un sorteo promocional co obxectivo de incentivar as compras no comercio local durante a campaña de Nadal. O sorteo será xestionado a través da aplicación PobrActiva.
Este sistema de sorteos semanais ofrece diversas vantaxes:
- Sorteos semanais: Mantén o interese da clientela durante toda a campaña, favorecendo a visita recorrente aos comercios locais.
- Retroalimentación inmediata: Cada venres as 15:00, a través da app, comunicaranse os números gañadores, permitindo unha interacción rápida entre comercio e clientela.
- Actividades no centro: Cada venres haberá un posto de algodón de azucre no centro urbano, creando un ambiente festivo que reforza a experiencia de compra.
Estas accións teñen como finalidade fomentar a participación continua e dar visibilidade ao comercio local durante o Nadal.
2. Datas de participación
O período de participación abrangue do 5 de decembro de 2025 ao 5 de xaneiro de 2026, ambos incluídos.
3. Sorteos e premios
Realizaranse cinco sorteos, que terán lugar os seguintes venres ás 15:00 horas:
- 12 de decembro
- 19 de decembro
- 26 de decembro
- 2 de xaneiro
- 9 de xaneiro
En cada sorteo entregarase un premio de 300 € en vales de compra, para gastar nos comercios adheridos á campaña.
O importe dos vales non está subvencionado pola subvención Centro Comercial Aberto (C.C.A.), polo que será facilitado pola Asociación de Empresarios e polos comercios participantes.
Adicionalmente:
- Cada venres ás 15:00 sortearase un número aleatorio a través da app PobrActiva, notificado mediante notificación push.
- A persoa propietaria do número deberá estar atenta ás notificacións e poderá chamar directamente á Asociación de Empresarios (981 832 229) para comunicar que posúe o número gañador, facilitando así o proceso antes de subir a foto do boleto.
- Se o número gañador non é reclamado nun prazo de 10 minutos, sortearase un novo número aleatorio, quedando anulado o número anterior. O proceso repetirase un máximo de 10 veces ata que o premio sexa reclamado.
- No caso de que en esas 10 veces non salga o premiado, o premio pasará a sortearse a seguinte semana.
4. Participación dos comercios
Para participar na campaña, cada comercio deberá:
- Abonar unha cota única de 20 €.
- Recibir 1.500 boletos numerados, que deberá repartir á súa clientela.
- Entregar un boleto por cada compra superior a 10 € realizada no establecemento durante o período da campaña.
5. Funcionamento do sorteo
En cada data establecida lanzarase, mediante a app PobrActiva, o número premiado correspondente. É imprescindible manter as notificacións activadas.
A persoa gañadora deberá:
- Acceder á aplicación PobrActiva.
- Se tes o número premiado cubrir o formulario habilitado para persoas premiadas.
- Achegar unha fotografía do boleto premiado, onde se vexa claramente o número.
A organización poderá solicitar o boleto físico para verificar a súa autenticidade antes de entregar o premio.
6. Condicións dos vales de compra
- Os vales poderán empregarse exclusivamente nos comercios participantes.
- Non son reembolsables por diñeiro.
- Poderán empregarse desde o momento da súa recollida ata o 31 de xaneiro de 2026.
- Deberán recollerse nas oficinas da Asociación de Empresarios.
- Cada val deberá empregarse segundo as condicións específicas establecidas por cada comercio adherido.
7. Requisitos das persoas participantes
- Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que reciban boletos nos comercios asociados.
- Non poderá participar o persoal empregado da organización do sorteo nas tarefas de extracción e validación dos números premiados.
8. Protección de datos
Os datos facilitados empregaranse exclusivamente para a xestión do sorteo e a entrega dos premios, de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
9. Aceptación das bases
A participación no sorteo implica a aceptación íntegra destas bases. A organización resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases por motivos operativos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos polas persoas participantes.